25/2/14

Visita de Ricardo Gómez

"Un chico Diferente", é un libro que narra a historia dun rapaz que ten a rara capacidade de ver o mundo a través das matemáticas. Desde a súa ventana mira como as persoas que pasan pola rúa van acompañadas de sombras, mesmo dobres e triples. A súa habitación é o seu lugar favorito e tamén do Monstruo Abominable ...

"Gente Rara" conta a vida de Patricia e os seus compañeiros. Todos un pouco raros mesmo a profesora ata que aparece "La Escoba" un novo profesor que chega cargado de "boas intencións" ... 

Os dous libros de mais arriba foron algúns dos libros incluídos nas nosas suxerencias do Boletín do Nadal e foron escritos polo fantástico e cordial Ricardo Gómez, que tivo a amabilidade de vir visitarnos ao noso Cole. Aquí tedes algunhas imaxes de ese estupendo momento.