17/10/14

I XORNADA MATEMOCIÓNS

Ola amigos e amigas!
Lembrades os temas para o curso que nos ocupa?

Moi ben! As matemáticas e as emocións; e se mesturamos ambos temas... sabedes o que obtemos?

AS MATEMOCIÓNS!!



O vindeiro martes, día 21, festexaremos a I XORNADA DE MATEMOCIÓNS: A MATEMAXIA

Como o nome indica, xirará en torno á relación que gardan as matemáticas e a maxia; pois, cóntovos un segredo? A meirande parte dos trucos de maxia baséanse nas matemáticas! E, cando entramos no mundo da maxia, maniféstase a alegría, a sorpresa...

O motivo da data de celebración é que o 21 de outubro conmemórase o primeiro centenario do nacemento de Martin Gardner



Coñecédelo? É, probablemente, o maior divulgador de matemática recreativa, e sen ser matemático!!
Para saber un pouco sobre el, preme no seguinte enlace:



A xornada contará:

- coa posta en práctica nos diferentes grupos de distintos descubrimentos de Martin Gardner; por exemplo: como gañar sempre ao tres en raia? como comunicarse empregando un código segredo? como adiviñar a carta que previamente escolle outra persoa? etc

- coa inauguración do recanto de "matemocións": un espazo no que se exporán, manipularán e coñecerán diferentes xogos matemáticos: pentaminós, xeoplanos, tangrams...

- cun espectáculo de maxia a cargo do coñecido mago Xacobe

Así que só queda... gozar coa xornada!



No hay comentarios: