29/1/14

DIA DA PAZ

Os alumnos e alumnas do 3º ciclo traballaron. Fixérono todo eles e aquí tedes o resultado. Un sinxelo power point con toda unha vida dentro. Hai pouco que dicir mais: Que o disfrutedes! Por si alguén ten curiosidade, a música que elixiron para acompañar o documento e que soa de fondo pertence a "Mamá Africa" da cantante, orixinaria de Benin, Angelique Kidjo. "Maravilloso traballo"

28/1/14

DíA da PAZ

Estamos a piques de celebrar o Día da Paz. Será o vindeiro día 30 pero os nosos alumnos e alumnas (neste caso alumn@s do primeiro ciclo) traballan desde hai días para que quede constancia da súa memoria para cunha festa tan importante. Uns recordaron a importancia das árbores

Mesmo a beleza da súa simplicidade

Outros (como os alumn@s do terceiro ciclo) elaboraron murais con información sobre o recentemente falecido e Premio Nobel da Paz, o sudafricano Nelson Mandela.




Xornais de todo o mundo recordaron a longa e intensa vida deste sudafricano de eterno sorriso.

Deixamos este enlace a un antigo video da tamén sudafricana Miriam Makeba. Disfrutade deste maravilloso "KHAWULEZA"

DIA da PAZ

O noso alumnado do terceiro ciclo traballou moito estas semanas. Distintas ideas foron plasmadas e todas quedaron estupendamente. A continuación podesdes disfrutar dalgunhas imaxes dun dos traballos dos alumnos e alumnas coa paz como eixo.







Podedes disfrutar destas preciosas imaxes mestres escoitades o "Xardín verde" (Green Garden) na fermosa voz de Laura Mvula

16/1/14

"Mama Cabra"

A VOLTA DAS VACACIÓNS FOI ESTUPENDA.
A primeira actividade que tivemos foi un magnífico concerto do grupo "Mamá Cabra" . Gustounos moito. Si queredes disfrutar coa súa música nada mais que tedes que mirar as nosas fotos e escoitar o seu novo disco "Bicos de Música".