29/4/09

Semana das Letras

O 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas que este ano está adicado a Ramón Piñeiro. Desde aquí animámosvos a que vexades este vídeo que atopamos na rede para que o vaiades coñecendo. Grazas, aos seus autores por este estupendo traballo.


Despois invitámosvos a que fagades a webquest do CEIP A vós tamén vos dicimos, grazas pola vosa xenerosidade.



Escoitade e vede tamén estoutro do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. Que traballo tan ben feito! Noraboa rapaces e rapazas! É estupendo!




Despois desta introdución, ao longo da semana do 11 ao 15 de maio desenvolveremos unha serie de actividades das que iremos dando conta aquí e na web do centro.

28/4/09

Consuelo Jiménez Cisneros

Hoxe, o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria recibiu no salón de actos á escritora Consuelo Jiménez Cisneros.
Na hora de lectura do último mes leron de forma compartida "Aínda quedan piratas na costa da Morte", unha novela de aventuras que homenaxea a outra grande da literatura xuvenil universal "A illa do tesouro".
A historia ocorre na costa da Morte onde a autora pasou un verán e quedou maravillada desta terra. Heitor, o protagonista, é un neno madrileño un pouco vago que, grazas á súa curmá Carolina, a súa vida vai dar un xiro moi importante ademais de vivir unha apaixoante historia de piratas con final feliz.
Se non o lestes, animádevos! Está na biblioteca. Se vos gustan os libros de aventuras, non vos decepcionará!

23/4/09

23 de abril, Día Mundial do Libro

O día 23 de abril faleceron tres escritores universais, Miguel de Cervantes Saavedra, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Por este motivo a UNESCO escolleu este día en 1995 para rendir homenaxe ao libro e aos seus autores e autoras, e, fomentar a lectura entre todos e todas, especialmentes entre os máis xoves.

Para conmemoralo programamos varias actividades, das cales celebraremos algunhas mañá e outras na semana cultural:

  • Lectura da adaptación de El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha.
  • Pase da película animada Don Quijote.
  • Maratón de lecturas familias-alumnado-profesorado.
  • Lectura de Aínda quedan piratas na costa da morte e encontro coa autora Consuelo Ximénez Cisneros.
  • Realización da webquest do CEIP San Walabonso, Niebla (Huelva)